miércoles, 15 de octubre de 2008

EL HARTISMO en A Voz de Vilalba (diario digital) 15/10/2008


"Mais, que é o Hartismo?"





Por César Reis

O
próximo venres 17 terá lugar en Compostela a presentación mundial do
Hartismo, fenómeno que nos últimos tempos ten ocupado moito espazo nos
medios, en webs e blogs adicados ou non á arte, pero tamén nalgún que
outro xornal, tanto dixital coma de papel e ata na televisión. O que a
estas alturas moitos aínda se preguntan é o seguinte: “que demo é o
Hartismo?”

O precedente
O precedente inmediato deste movemento atopámolo no chamado Stuckism,
fundado en Londres en 1999 coma movemento organizado de repulsa contra
os desvaríos da arte moderna. A repercusión da súa chamada calou fondo
tanto na Gran Bretaña coma en moitos outros lugares chegando a ter
presenza hoxe, nove anos despóis, en perto de 40 países e contar con
máis de 160 sedes. Os estuquistas non fan senón expoñer de xeito
explícito e con rigor un pensamento que, dende hai tempo, fica na mente
de moitos: pode realmente considerarse arte todo o que hoxe se atopa
nos museos de Arte Contemporánea ou é que quizáis chegou aí, a esa
consagración, pola opinión e criterio de un selecto grupo elitista de
“gurús”?
Malia non
considerarse membros de ningunha avangarda, Mariano Casas Gil, Carmen
Martín Serantes e Miguel-Anxo Varela Díaz, licenciados en Belas Artes e
artífices deste movemento, firman un manifesto no que expoñen as súas
reivindicacións e o seu programa artístico do mesmo xeito que fixeran
os movementos de comezos do século XX. Búscase así a ruptura radical co
vixente, co establecido pola rutina ou a desidia das autoridades
culturais. Supón isto, xa que logo, unha renovación do eido artítstico
que vai na procura de un novo pulo de frescura, pureza e orixinalidade,
condicións primixenias da arte.

O Manifesto
Pronúncianse
en contra da arte (ou anti-arte) alentado pola oficialidade e do
elitismo que a rodea, así coma do alonxamento desta do público.
Consideran abominable o feito de que que a anti-arte, cuxo expoñente
principal son os ready-made de Duchamp (o coñecido orinal é
mostra máis que significativa), se teña tomado en serio polos seus
epígonos, pervertindo deste xeito a idea orixinal coa que xurdiu, é
dicir, coma parodia, coma denuncia de que calquera cousa, polo simple
feito de estar nun museo, se convirta en arte. Non dubidan en arremeter contra o conceptualismo, as performance
e a sacralización do proceso no lugar da obra, a ansia excesiva de
modernidade, e a escravitude ás modas, a falla de orixinalidade das
avangardas actuais, os trascendentalismos que buscan dar complicadas
explicacións ao feito artístico, o rexeite da tradición, os
plantexamentos radicais da historiografía do arte moderno, a
marxinación da beleza coma parte do feito artístico, o rol dos
artistas, os sistemas de ensino nas Escolas de Arte, a fascinación
polas novas tecnoloxías coma fin e non coma medio, o desprezo da
pintura, etc.

A polémica
Coma eles mesmos
din nos seus blogs, as reaccións a un manifesto de propostas tan
radicais non se fixeron agardar, aceleradas hoxe en día polo empuxe que
supoñen as novas tecnoloxías. Non só de Galicia, senón tamén do resto
da península e as illas, así coma de Arxentina e EEUU. Semella que a
maior parte delas foron de apoio por ter a valentía de dicir e
reivindicar abertamente algo latente en moitos sectores da sociedade.
No que ás reaccións en contra se refire, xurdiron en dous sentidos: as
de crítica razoada e constructiva, fronte a aquelas que chegaron á
descalificación irracional ou persoal e mesmo a acusalos de
provincianismo ou anacronía. Moitas destas críticas pódense ler na
Plataforma Aberta de Cultura e-norte.
A presentación
Se
amor se escribe con H, coma dicía Jardiel Poncela, pode que a partires
de agora Arte tamén o faga. En calquera caso, o que desexe máis
información do movemento pode visitala súa web (www.hartismo.com/), na que inclúen o manifesto, un test do (h)artismo, unha ficha de adhesión, enlaces co stuckism e outros movementos, así como información sobre eles ou as orixes do Hartismo.
Tamén
se pode acudir nestes días á presentación mundial aludida no comezo
deste artigo. Os actos programados, polo de agora, serán dous. O
primeiro terá lugar, coma dixemos máis arriba, o 17 de outubro en
Compostela, a iso das oito da tarde no Centro Sociocultural “O
Ensanche”, na rúa Frey Rosendo Salvado, 14-16 baixo. O segundo
realizarase en Ferrol o día 22 de outubro tamén ás oito da tarde na
Galería Sargadelos, na concurrencia das rúas María e Rubalcava.
Máis información:

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Muy buena síntesis de lo que es el movimiento y su trayectoria.

avozdevilalba.gal dijo...

O mesmo artigo reprodúcese íntegro na revista dixital que se pode baixar na seguinte ligazón:

http://avozdevilalba.googlepages.com/avozdevilalbaoutubro2008.pdf

Apertas